Actualidad
Noticias de Tomiño
Lo último del ayuntamiento, la agenda y la vía pública, con enlace a cada fuente.
-
Ayuntamiento·
O Concello mellora as instalacións deportivas de Tomiño con dous novos vestiarios no campo do Alivio
Esta actuación responde ás necesidades actuais das persoas usuarias e do campo, que acolle un alto volume de actividade O Concello captou 290.000 euros de fondos provinciais para o financiamento das obras Tomiño non detén a súa apost…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
O programa Reactívate baixa o pano tras unha tempada de exercicio, memoria e convivencia
O programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño pechou esta edición con máis de 75 persoas usuarias Houbo exercicio, actividades, risas e moita convivencia. O Reactívate, programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño, p…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño vibrará este sábado co pop tropiatlántico de Ortiga
O concerto, enmarcado no programa Son&Serán, será este sábado 11 de xullo ás 22.00 h na Praza do Seixo Verbenas galegas, electrónica, pop e ritmos que cruzan o Atlántico. Ortiga chega a Tomiño este sábado 11 de xullo para demostrar que…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Chega unha nova edición de Parte de ti, campaña de apoio baseada nas historias das persoas que transforman o rural
No acto de presentación da campaña de Galicia Suroeste estiveron presentes as persoas protagonistas desta edición e representantes dos concellos que forman parte do territorio Parte de ti celebra o seu sétimo ano e continúa dando a coñecer…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
As igrexas románicas de Tomiño convértense de novo no mellor escenario de música en directo
O ciclo Música&Románico arrancou cun concerto do dúo KeiCos e continúa o 10 de xullo en Barrantes con Sara Ruíz e Rafael Muñoz Medinukai Ensemble e Rafale Yebra e Oswaldo Oro pecharán o ciclo o 24 e 31 de xullo, respectivamente S…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño aproba en pleno a alianza co Rosal para xestionar xuntos un investimento de 7,3 millóns de euros
O Concello aprobou por unanimidade en pleno o convenio de colaboración para xestionar os fondos europeos do Plan EDIL, cos que levarán a cabo unha estratexia pioneira que desenvolvemento urbano sostible que converterá a auga e o Miño en ei…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
O dúo KeiCos inaugura unha nova edición do ciclo Música&Románico de Tomiño
Arsenio Keilin e Santi Costas fusionarán música tradicional e clásica con arranxos propios este venres 3 de xullo ás 20.30 h na Igrexa de Santa María de Tomiño nun concerto con entrada libre Pedra antiga, música viva e a emoción de escoita…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño en Marcha descobre a ruta dos Buracos dos Mouros nunha andaina de 8 quilómetros
A saída, guiada, gratuíta e sen inscrición previa, partirá ás 09.30 horas desde a igrexa de Pinzás. Cancelarase por seguridade se continúa a alerta laranxa por calor Os Buracos dos Mouros agardan. Este domingo 5 de xullo, o programa Tomiño…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Xullo estréase en Tomiño con música e risas para todos os públicos
Os programas PequeVerán, Música&Románico e Son&Serán enchen de xoves ao sábado as prazas e igrexas do municipio con tres propostas tan diferentes como irresistibles Tres días, tres formatos e un municipio que non para. Tomiño arran…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Galicia Suroeste conecta turismo, produto local e empresas co lanzamento do seu Club de produto
A presidenta de Galicia Suroeste, Sandra González fixo balance da execución do PSTD A Despensa de Galicia que remata nos vindeiros días, e do seu impacto na consolidación do Xeodestino O Club de produto Galicia Suroeste iniciou oficialment…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
O Mercado de Tomiño estrea vestiario
O Concello captou fondos da Xunta a través das subvención para mercados excelentes para renovar os uniformes de praceiros e praceiras cunha imaxe moderna e fresca Cores diferentes, uniformes novos e unha praza de abastos que segue a coidar…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Dá un alento de verán doando sangue este martes 30 de xuño en Goián
A unidade móbil da Axencia Galega de Doazón estará na parada de bus na Carballeira de 16.00 a 21.00 h Este verán dá un alento de vida sumándote á campaña da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue. Unha unidade visitará Goián este mar…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño impulsa a seguridade cidadá con drons, formación especializada e tecnoloxía avanzada para emerxencias
O Concello reforza a capacidade operativa da Policía Local coa colaboración co Vig-Sec Drone e o uso de Suite ACRE, unha plataforma orientada a mellorar a coordinación, prevención e resposta ante situacións críticas Tomiño continúa avanzan…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño prepárase para vivir o acontecemento astronómico do século coa charla da astrofísica Ana Ulla Miguel
A Catedrática da Universidade de Vigo descubrirá ao público os segredos de como ver a eclipse solar do 12 de agosto nunha charla con demostración práctica ao rematar Será o xoves 2 de xullo ás 20.00 h no Espazo Isaura Gómez de balde O vind…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño despide ata setembro as súas andainas saudables
Retomaranse en setembro estas saídas semanais guiadas por unha fisioterapeuta e enmarcadas na axenda ‘Impacto Saudable’ Cada xoves, un grupo de veciños e veciñas de Tomiño saía a camiñar sen máis requisito que as ganas de moverse e poñerse…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño descubre este domingo 28 a ruta dos Camiños da Regueira
Esta andaina lineal de case 12 quilómetros e dificultade baixa é a nova proposta de ‘Tomiño en marcha’, de balde e sen inscrición previa Doce quilómetros, tres horas e un municipio que sorprende a cada curva do camiño. Este domingo 28 de x…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño completa o modelo urbano de recuperación de espazos públicos nos núcleos do Seixo e Goián
O Concello rematou as actuacións en República Arxentina e na Avenida Ordóñez coa conexión dos equipamentos públicos e a mellora da accesibilidade e mobilidade como eixo vertebrador Dous núcleos, dúas intervencións e un mesmo obxectivo: rec…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
O Concello celebra o verán repartindo case 4.000 euros en premios entre comercios e veciñanza
A través da campaña Verán+Verán, o Concello galardoou á Mercería Chantilly, Estipel e Alimentación Olga pola súa decoración e repartiu vales de compra entre 42 compradores e compradoras Mercar no comercio local ten agasallo en Tomiño…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Galicia Suroeste activa o seu novo Club de produto para reforzar a identidade turística do territorio
Habilitada unha aplicación web específica para que, as empresas participantes na xornada de networking podan xestionar a súa axenda e ter a información de asistentes en tempo real A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste presentará…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño dá a benvida ao verán con tres días de actividades para toda a familia en Goián
Inchables gratuítos, unha festa temática pola volta ao mundo e un concerto participativo con instrumentos insólitos enchen o Espazo Fortaleza e a Praza Pintor Antonio Fernández do venres 26 ao domingo 28 de xuño Tomiño dá a benvida ao verá…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Actividades cheas de sabor, tradición e música para vivir ‘O noso mercado’
O Concello pon en marcha unha programación con showcookings gratuítos ou tapas de tempada con música en directo para poñer en valor os produto local de praceiros e praceiras O calendario de actividades arranca o vindeiro venres 26 de xuño …
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
A Escola Municipal de Teatro de Tomiño baixa o pano tras un curso cheo de emocións
Case 40 nenas, nenos e adolescentes achegáronse ao mundo teatral e adquiriron ferramentas para o seu día a día Quince anos, case 700 persoas e un escenario que segue cambiando vidas. A Escola Municipal de Teatro de Tomiño, Migallas, baixa …
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño, referente da rede Cidades que Camiñan na recuperación do espazo público en vilas de tamaño medio
Unha delegación desprazouse ata o concello para coñecer en primeira persoa a estratexia de intervención urbana e rural desenvolvida ao longo de case dúas décadas Tomiño convértese en referente da recuperación do espazo público para as pers…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed
-
Ayuntamiento·
Tomiño continúa as súas andainas guiadas cunha ruta ao alto da Pedrada e polo río Penís
A segunda fin de semana de ‘Tomiño en marcha’ propón dous percorridos de dificultade media que parten de Vilachán este venres 19 e o domingo 21 de xuño ‘Tomiño en marcha’ regresa esta fin de semana con dúas novas rutas guiadas polos sendei…
Fuente: Concello de Tomiño » Feed